Evento: Silvia Congost: Entender o amor, para vivir mellor

Silvia Congost: Entender o amor, para vivir mellor
sábado, 5 febreiro, 2022 - 12:00
Sede Afundación A Coruña,
A Coruña

Silvia Congost: Entender o amor, para vivir mellor

Conferencia coa psicóloga e escritora.

Vive unha experiencia reveladora con Silvia Congost, sen dúbida, a maior experta e referente en relacións de parella do noso país. Psicóloga, escritora, conferenciante e apaixonada por lograr que o amor non nos faga sufrir, volve por fin aos escenarios para axudarnos a descubrir como facer que estas sexan máis exitosas e a apostar así por un vida plena e feliz de verdade.

Tras máis de 15 meses realizando só eventos online, tiña unhas ganas inmensas de reencontrarme convosco, co meu querido público. Non sabedes canto vos botei de menos! Aínda que estamos a diario conectados a través das redes sociais, o tervos diante, transmitíndome vosa enerxía e calor, ten un valor incalculable para min.

Prepareivos unha nova experiencia en grao sumo reveladora coa que quero axudarvos a comprender o que a miúdo nos sucede nas relacións de parella, a descubrir como facer que estas sexan máis exitosas e a apostar así por unha vida plena e feliz de verdade.

Apetécevos gozar do directo, reflexionado e aprendendo sobre o amor, o tema por excelencia que máis emocións move no mundo.

E é que...Que levante a man quen non coñeza a alguén que sufrise " por amor" Aproveitade esta oportunidade única e transformadora para dicir adeus ao sufrimento nas relacións e dicir SI a un amor san e consciente.

Asegúrovos que é a miña conferencia máis potente de todas as que fixen ata o momento, Non vos deixará indiferentes!

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes