Evento: El triunfo de la libertad
El triunfo de la libertad
A peza para teatro El triunfo de la libertad é unha colaboración entre La Ribot, o coreógrafo Juan Domínguez e o actor Juan Loriente. Froito dunha experimentación intensiva e un cuestionamento rigoroso, El triunfo de la libertad culmina nun medio de representación inesperadamente minimal e, tras a súa estrea no Festival de La Bâtie de Xenebra en 2014, provoca (e continúa xerando) moita discusión. A obra, que chega por primeira vez a España, absorbe ao espectador nunha complexa rede de narración, anécdotas históricas, fragmentos poéticos e citacións. Emerxen temas diversos: a repetición histórica, a angueira da liberdade e a ilusión utópica, o desexo corporal, o papel do espectador, e os praceres e distraccións da lectura. Unha realización da "obra aberta", como diagnosticou Umberto Eco, El triunfo de la libertad caracterízase como unha invitación ao público a reformular os seus desexos e ideas preconcibidas en canto ao teatro e, ao facelo, explorar e poñer a proba a liberdade da súa propia imaxinación.



