Evento: Cineuropa 2021 - Mis hermanos sueñan despiertos
Cineuropa 2021 - Mis hermanos sueñan despiertos
Ángel e o seu irmán Franco levan un ano nun centro de detención xuvenil. Tras un feito violento, xorde entre os prisioneiros a idea de fuxir a través dun motín. Ángel desconfía do plan pero, preocupado pola saúde de Franco, comeza a velo como a súa única saída.
Esta segunda película da directora de orixe mapuche Claudia Huaiquimilla podería caer nos numerosos lugares comúns do subxénero carcerario adolescente, mais non é así. A cineasta prefire poñer o foco na intimidade dos seus protagonistas, ofrecendo un retrato psicolóxico profundo e realista, que contén unha boa morea de contradicións, de momentos de humor e, por suposto, tamén de dor. O resultado é unha película humilde pero intelixente e chea de matices, protagonizada por un elenco de adolescentes cuxas interpretacións son pura autenticidade.



