Evento: Matinais Musicais: Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica de Galicia

Matinais Musicais: Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica de Galicia
domingo, 14 novembro, 2021 - 12:00
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Matinais Musicais: Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica de Galicia

Matinal musical.

Continuando coa liña instaurada polas Matinais Clásicas no pasado 2020, este outono iniciamos un novo ciclo musical que levará á realización de tres actuacións nos meses de novembro e decembro.

Nesta volta, contaremos coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia, que a través da súa Brass Band e do Coro, traerán Jazz e música a capella ao Museo Centro Gaiás os días 14 de novembro e 12 de decembro respectivamente. Para completar o ciclo, propoñemos unha residencia artística, que terá como froito unha peza de nova creación que se poderá ver o domingo 21 de novembro.

O primeiro dos concertos será ofrecido polo quinteto de metais da Orquestra Sinfónica de Galicia centrando o repertorio escollido na música do S.XX e XXI. O concerto ofrecerá ademais dúas estreas dos compositores galegos Roberto Somoza e Nani García.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións