Evento: Pedro Pastor

Pedro Pastor
domingo, 24 abril, 2022 - 18:30
Aturuxo Bar,
Bueu

Pedro Pastor

Concerto do cantautor madrileño.

Pedro Pastor Guerra (Madrid, 18 de novembro de 1994) é un cantautor español independente especialmente coñecido polas súas letras de contido social comprometido e crítico expresadas a través da fusión da canción de autor co folk ou o hip hop, entre outros estilos.

Nace no seo dunha familia ligada ao mundo da música. O seu pai é o coñecido cantautor Luís Pastor e a súa nai Lourdes Guerra, irmá de Pedro Guerra. Con este ambiente familiar inculcándolle o amor pola música durante a súa infancia ponse en contacto con diferentes instrumentos, entre eles o piano, e comeza a tocar a guitarra á idade de 12 anos. Pouco despois compón as súas primeiras cancións e comeza a participar nos concertos do seu pai, nos cales distribúe as súas primeiras maquetas caseiras.

 

  • Pedro Pastor y Los Locos Descalzos - Vueltas (Video Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión