Evento: Tania Veiras

Tania Veiras
mércores, 15 xuño, 2022 - 21:00
Pontepedra,
Tordoia

Tania Veiras

Concerto da santiaguesa.

Empezou o 2020 con moi bo pé. As cousas rodaban en todos os sentidos. Levaba oito anos feliz coa súa parella, gozaba de boa saúde, e a falta dun, tiña tres traballos. Con todo, chegou marzo e, como a moitos, os plans fóronselle ao traste.

Se pasara de estar no vértice superior do triángulo á base, a partir de maio, a vida comezoulle a brindar chanzos moi sólidos aos que agarrarse para subir de novo. As súas ganas de traballar puxéronllo fácil. Para a campaña de Nadal, aproveitando os 16.000 seguidores que ten na súa conta de Instagram, ocorréuselle apoiar ao pequeno comercio a través das súas redes de maneira totalmente altruísta. «As empresas, non só do meu pobo senón de toda Galicia, poñíanse en contacto comigo, e os xoves e os domingos subía un vídeo con ideas para regalar», explica.

  • Grupo Tania Veiras - Popurrí Merecumbé - Luar TVG

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda