Evento: Obradoiro de Kamishibai
Obradoiro de Kamishibai
Para nenos e nenas de 6 a 11 anos no espazo de acticidades da planta baixa. De 18.00 a 19.30 h.
KAMISHIBAI, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”. O kamishibai, con todo, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinos.
Os obradoiros de kamishibai están apoiados por revisións persoais sobre o teatro francés e español, configurando un mundo máxico no ollo do espectador.
Tamén se ensina nos obradoiros a construción, ilustración e pintura para narrar con teatro e papel para achegarse a o marabilloso mundo do Teatro de papel.
Así mesmo, o obradoiro proporcionará ferramentas innovadoras de ilustración e expresión creativa para narrar, comprender e fomentar a lectura. Ao mesmo tempo convida a aproveitar os recursos persoais, naturais e materiais.
Ao final do obradoiro os alumnos realizarán as representacións das súas Kamishibai
Con inscrición previa a partir do 22 de setembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.
Uso obrigatorio de máscara



