Evento: WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 1 | 3.0: Zoom in: Artistas

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 1 | 3.0: Zoom in: Artistas
venres, 10 setembro, 2021 - 16:00
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in: Talk 1 | 3.0: Zoom in: Artistas

Espazo para o debate e o entendemento.

A Cidade da Cultura acolle un ano máis as WOS Talks x Fest Galicia, un espazo para o debate e o pensamento, onde dar luz e xerar interrogantes sobre o presente e o futuro dos artistas, a cultura e o mundo ante a chegada do chamado “Internet dos bens”, capaz de alterar calquera contexto ao seu paso, e dentro dun ano que re-definiu as nosas vidas e nos levou á reflexión ante os cambios de paradigma.

Arnau Sabaté | Dj, manager musical e axente de booking en Primavera Sound. Traballou en diferentes áreas de cultura e da industria musical. Como director artístico e consultor, estivo involucrado en proxectos para o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), Discogs, e Jagermeister.

Gad Yola | Artista drag, migrante residente en Madrid, articula a súa creación dende unha perspectiva queer antirracista pensado desde a memoria, a afectividade e a comicidade. Forma parte de La Casa Drag Latina, colectivo de drags migrantes que reivindican o seu lugar nas escenas artísticas do contexto español, e foi poñente en diversos festivais dixitais como Cabritas resistiendo, Pussy pussy orgullo ou Usergender.

B-Flecha | Nome artístico da produtora, compositora e cantante Belén Vidal. A viguesa leva máis dunha década conxugando a vangarda sonora e o instinto pop. Pioneira na música electrónica española desde a publicación do seu primeiro disco, βeta (2013), non parou de explorar novos sons. Unha evolución que se fixo visible en Kwalia (2017) e que chegou ao seu punto álxido con ExNovo, publicado o pasado abril. Unha investigación entre a persoa física e virtual construída a partir da ensamblaxe de instrumentos orgánicos e texturas dixitais. Belén é tamén unha das cabezas de Arkestra Records, discográfica coa que edita os seus traballos, xunto ao seu compañeiro e co-produtor Mwëslee.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés