Evento: Candyman

Candyman
luns, 6 setembro, 2021 - 15:45
Numax,
Santiago de Compostela

Candyman

Proxección da película de Jordan Peele, Win Rosenfeld e Nia DaCosta.

Os residentes das vivendas de protección social do barrio de Cabrini Green, Chicago, viviron sempre atemorizados pola lenda de Candyman: un asasino sobrenatural cun garfo a modo de man que se invoca repetindo o seu nome cinco veces diante do espello.

Unha década despois da demolición da última torre de Cabrini, o artista visual Anthony McCoy e a súa moza, a galerista Brianna Cartwright, múdanse a un luxoso apartamento da zona, aburguesada co paso dos anos ata ser irrecoñecible.

En plena crise creativa, Anthony descobre a tráxica e espantosa natureza da verdadeira historia que deu orixe a Candyman e comeza a explorar os macabros secretos do acontecido como material para os seus cadros. Así, abre inconscientemente unha porta a un complexo pasado que ameazará a súa propia cordura e desatará unha vaga de violencia terriblemente viral.

  • Candyman

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia