Evento: Letters to Paul Morrisey

Letters to Paul Morrisey
sábado, 18 setembro, 2021 - 17:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

Letters to Paul Morrisey

Proxección da película de Armand Rovira.

Unha homenaxe de Armand Rovira e Saida Benzal non tanto ao cineasta da Factory neoiorquina como ao seu legado inmaterial, en cinco historias excéntricas e cegadoras. O xoves 16 o director Armand Rovira e o produtor Jorge Vidal presentarán a película.

Como membro de honra da Factory xunto a Andy Warhol, o excéntrico Paul Morrissey marcou a unha xeración de artistas alternativos modernos, rebeldes, inclasificables. Aqueles que aprenderon no marco da contracultura que o cinema non ten por que axustarse a convencións, nin da arte canónico nin da vida mesma. Así se entende mellor tamén 'Letters to Paul Morrissey', unha carta colectiva de amor ao artista (sen expectativas de que responda) e o seu influente legado a través de cinco historias individuais, cheas de medos e problemáticas sentimentais, que se apoian na idea de Morrissey case como unha conciencia invisible.

Rovira lánzase á tarefa de filmar cinco historias de ficción para envialas a Paul Morrisey, director de cinema, colaborador de Andy Warhol e representante da Velvet Underground. Usando unha cámara de 16mm e unha fotografía en branco e negro, reúne unha serie de misivas desde distintas partes do mundo e de personaxes dispares.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Rapa
17 de setembro
Filmoteca de Galicia
Nosotros no envejeceremos juntos
17 de setembro
Filmoteca de Galicia
Nosotros no envejeceremos juntos
18 de setembro
Filmoteca de Galicia