Evento: Vatapá Quinteto en concerto

Vatapá Quinteto en concerto
sábado, 23 novembro, 2024 - 21:30
La Pecera,
Vigo

Vatapá Quinteto en concerto

Concerto de bossa nova, blues e swing

O grupo está composto por: o contrabaixista Óscar Rodríguez, músico de traxectoria internacional e gran coñecedor do mundo do jazz, que aporta unha grande riqueza musical nas bases do grupo e momentos álxidos nos concertos cos seus solos de contrabaixo e harmónica, dirixindo ademais, xunto co guitarrista Antón Casal, as composicións musicais do quinteto; Antón Casal, guitarrista e creador do grupo, que selecciona coidadosamente o repertorio para cada concerto baseándose nunha premisa principal, a ampla tesitura da voz de Bea Míguez, o que lle permite variar entre diferentes rexistros e estilos, dende a bossa nova ao blues; Bea Míguez, voz persoal que afronta diversos xogos de afinación durante os concertos e ofrece unha presencia escénica inherente nela, tras unha etapa previa da súa traxectoria artística na que foi actriz de teatro durante máis de 15 anos; Rolandas Butkevicius, saxofonista de percorrido internacional, que amosa unha grande intuición jazzistica aportando aos concertos improvisacións, momentos de absoluto virtuosismo e unha grande versatilidade instrumental tocando saxo tenor, saxo  oprano, clarinete e frauta traveseira; e Javier Buján, percusionista e coñecedor dos xéneros musicais nos que traballa o quinteto, que mostra unha forte personalidade e carisma e busca sempre novas achegas no seu crecemento musical.

A conxunción destes cinco compoñentes consegue un equilibrio perfecto entre a calidade musical e o sentido do espectáculo no que se evidencia o “bo rollo” que transmiten e que sempre se comenta no público tras os seus concertos. Teñen ademais unha baza ao seu favor: o técnico de son que sempre os acompaña e que os coñece a perfección, Paco Guimarey, que coida cada detalle para que Vatapá-quinteto teña un son propio, stándars do século XX que soan actuais e renovados.

  • Vatapá Quinteto - In a Mellow Time

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
16 de agosto
Praza do Camiño
Concerto
16 de agosto
Paseo do Malecón
Concerto
16 de agosto
Praia fluvial de San Clodio
Conto-concerto
17 de agosto
Praza Alcalde Rojo Losada