Evento: Miguel Ríos & The Black Betty Trío

Miguel Ríos & The Black Betty Trío
luns, 2 agosto, 2021 - 22:00
Plaza María Pita,
A Coruña

Miguel Ríos & The Black Betty Trío

Concerto de rock.

Máis de 12 anos de espera son o equivalente a "Un largo tiempo", o novo álbum de estudo de Miguel Ríos. En realidade, o artista granadino nunca se despediu de todo do seu público e, nun ano de pandemia mundial e 11 anos despois de anunciar a súa retirada, gravar 10 cancións novas é unha das mellores noticias que se lles podería ofrecer aos seguidores do artista.

"Un largo tiempo" é como eses discos clásicos cheos de pasaxes sonoras, de contrastes canción a canción que nos convidan a deter o tempo e a deixarnos levar polo poder dos seus textos e a voz pletórica de Miguel. Un disco en acústico, por primeira vez na súa carreira musical, que traen de volta á esencia do máis puro rock and roll, abrindo paso ás guitarras, ao piano, ao violín, aos detalles de mandolina, de steel guitar e algún delicioso arranxo de corda.

  • Miguel Ríos - Memorias de la carretera

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Elexía para Brahms
6 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Vega
6 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
LA LOM
7 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5