Evento: O gran camiño

O gran camiño
domingo, 23 outubro, 2022 - 22:30
Teatro Coliseo Noela,
Noia

O gran camiño

Proxección do documental de Alba Prol Cid e Raúl García.

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camino Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha desculpa para unha viaxe máis profunda na procura da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o retorno a un mesmo.

  • O gran camiño

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Rapa
17 de setembro
Filmoteca de Galicia
Nosotros no envejeceremos juntos
17 de setembro
Filmoteca de Galicia
Nosotros no envejeceremos juntos
18 de setembro
Filmoteca de Galicia