Evento: Solpor En Monteferro: Isius + Eladio y los Seres Queridos

Solpor En Monteferro: Isius + Eladio y los Seres Queridos
xoves, 22 xullo, 2021 - 19:00
Cumbre de Monteferro,
Nigrán

Solpor En Monteferro: Isius + Eladio y los Seres Queridos

Concerto de pop- rock.

ISIUS é un espazo musical de creación artística, de liberdade e independencia. Comparte este proxecto con Nuria Moreu, letrista do grupo, outra metade de ISIUS e a súa compañeira de vida. Os primeiros pasos do nacemento da banda remóntanse a 2004. Certas decisións, certas persoas que se cruzan no camiño, novos destinos, encontros e reencontros marcan este novo traballo.

Estes días estrearon o seu primeiro single Moving On, unha crónica rítmica sobre a experiencia propia do cambio entre cidades, ambientes e novos fogares. A mudanza da banda a Holanda, deixando atrás as súas raíces, é o lenzo sobre o que Moving on compúxose a base de coros e caixas de ritmos.

A finais deste mes verá a luz o seu primeiro álbum, Songs from everywhere, un mapa conceptual sobre as vivencias dos dous compoñentes da banda trazado ao longo dos anos a través de cidades, países e contextos nunha viaxe vital e musical.

  • ISIUS | Come on over | Fox & Castle

Máis eventos de tipo Concerto