Evento: Madeinusa

  • Madeinusa
Madeinusa
mércores, 7 xullo, 2021 - 22:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Madeinusa

Marxes Fílmicas 2021

Ciclo de cine á marxe das vías comerciais dedicado a aproximarse a aspectos da cultura contemporánea en diferentes sociedades. Polo xeral, cada ano adícase a un país, este ano o elixido ten sido Perú.

Ambientada na vila ficticia de Manayaycuna ("a vila á que ninguén pode entrar" en quechua) nos Andes peruanos, a historia abrangue tres días na vida dos locais e dun foráneo de Lima. O foráneo non é benvido por mor de que a súa chegada cadrou co comezo do "Tempo Sagrado", un festival relixioso sincrético que vai desde o Venres Santo até a Pascua cristiá (festa moi interesante pola semllanza cos nosos entroidos).
Madeinusa é a historia dunha nena que vive nunha aldea perdida da cordilleira do Perú. Seguindo unha antiga tradición, os veciños desta aldea cren que, como Cristo está morto desde o Venres Santo até o Domingo de Resurrección, non os ve e, en consecuencia, durante ese tempo poden cometer calquera pecado sen remorso algún.

Premios
2006: Festival de Sundance: Selección Oficial (World Cinema)
2006: Festival de Rotterdam: Premio FIPRESCI
2006: Festival Mar del Plata: Mellor Película Latinoamericana

Nas proxeccións observaranse as medidas de prevención establecidas pola lexislación vixente diante da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.

Todas as proxeccións son en VOE; Versión orixinal en castelán. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.

O aforo é limitado. Pregamos puntualidade.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
El mercader de las cuatro estaciones
9 de abril
Filmoteca de Galicia
El mercader de las cuatro estaciones
10 de abril
Filmoteca de Galicia