Evento: Faíscas da Pontraga

Faíscas da Pontraga
domingo, 26 marzo, 2023 - 13:30
Nave do Mercado- San Ramón,
Moeche

Faíscas da Pontraga

Concerto do cuarteto galego.

Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a reunión de catro amigos para participar nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos, ata constituírnos na charanga ou charanga tradicional que hoxe somos. En decembro do 2015 gravamos o noso primeiro traballo discográfico chamado VELAÍ VÉN!! que saiu á luz na primavera do 2016 e que presentamos oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano. Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do noso traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo. Ademais da presentación oficial na nosa terra e diante da nosa xente, e co afán de darlle unha maior repercusión ao traballo realizado, fixemos varias presentacións/concertos por Europa (Italia e Portugal) e en abril do 2017 cruzámolo océano para facer unha xira polo RÍO DA PRATA, con varios concertos por Arxentina e Uruguai. Ao longo destes 15 anos de camiño, son máis de 500 actuacións as desenvoltas tanto en terras galegas como estranxeiras

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35