Evento: Raquel Queizás: Cinema maravillas

Raquel Queizás: Cinema maravillas
sábado, 17 decembro, 2022 - 18:30
CSC de Conxo,
Santiago de Compostela

Raquel Queizás: Cinema maravillas

Adaptacións cinematográficas inspiradas en contos.

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cinema mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cinema. O cinema tamén se le. Alicia no país das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Pulgarcito, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas.
Reflicten as etapas evolutivas das espectadoras máis nenas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente. Estas historias nacen dentro de nós cando somos pequenos. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal