Evento: Danzas ancestrais de San Sebastián

  • Danzas ancestrais San Sebastián
Danzas ancestrais de San Sebastián
martes, 20 xaneiro, 2015 - 12:00
Adro da igrexa de San Cibrán de Aldán,
Cangas

Danzas ancestrais de San Sebastián

Un espectáculo único e exclusivo, que nos remite ás raíces máis profundas do noso ser colectivo

Coincidindo coa festividade de San Sebastián, a parroquia de Aldán viaxa no tempo e acolle unha mostra do folclore máis ancestral, unha danza que se remonta, polo meno, ata 1650. Dez galáns, cinco damas e unha guía esperan no adro da igrexa á saída da procesión do Santo. Cando fai a súa aparición, fanlle a reverencia e van danzando á cabeza da comitiva, sen darlle en ningún momento as costas. Finalizado o percorrido, e antes de que o Santo entre de novo na igrexa, repiten a danza na súa honra.
O atractivo desta danza reside tanto na súa coreografía centenaria como na indumentaria dos bailaríns, totalmente inusual no folclore galego. Os varóns van ataviados cun traxe negro, sombreiro de feltro e zapatos negros, e as mulleres con vestidos brancos, mantón de Manila, mandil negro, e panos de distintas cores sobre os ombreiros. O máis vistoso da súa vestimenta son os espectaculares sombreiros, adornados con distintos tipos de flores, dos que penden fitas de cores, que son símbolo de fertilidade.
 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande
Festa do Boi
14 de xuño a 22 de xuño