Evento: Iria Estévez + Charly López
Iria Estévez + Charly López
Concerto homenaxe a Chavela Vargas a través das súas cancións, da man de Iria Estévez e Charly López.
Iria Estévez
Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido.
No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).
O proxecto foi presentado en radio e Tv, no norte da península e Portugal, chegando a participar no Festival Internacional Interfado, de Cataluña xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos, Gonzo e Marco Mendoza..
No ano 2016 deseña e desenvolve o seguinte gran proxecto: ARIFI. O grupo (formado nun principio por Vadim Yucknievic, Gonzo, Toni e Marco Mendoza), alcanza o éxito rapidamente, chegando a ser os gañadores do certame internacional BURGOS, RAÍZ E EVOLUCIÓN no ano 2017.
Máis eventos de tipo Concerto



