Evento: Iria Estévez + Charly López

Iria Estévez + Charly López
domingo, 30 maio, 2021 - 13:00
Clavicémbalo,
Lugo

Iria Estévez + Charly López

Concerto homenaxe a Chavela Vargas.

Concerto homenaxe a Chavela Vargas a través das súas cancións, da man de Iria Estévez e Charly López. 

Iria Estévez

Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido.

No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).
O proxecto foi presentado en radio e Tv, no norte da península e Portugal, chegando a participar no Festival Internacional Interfado, de Cataluña xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos, Gonzo e Marco Mendoza..

No ano 2016 deseña e desenvolve o seguinte gran proxecto: ARIFI. O grupo (formado nun principio por Vadim Yucknievic, Gonzo, Toni e Marco Mendoza), alcanza o éxito rapidamente, chegando a ser os gañadores do certame internacional BURGOS, RAÍZ E EVOLUCIÓN no ano 2017.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións