Evento: Facendo marca. Artesanía de Galicia

Facendo marca. Artesanía de Galicia
xoves, 29 abril, 2021 - 11:30
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Facendo marca. Artesanía de Galicia

Elena Fabeiro

Hoxe en paralelo á Exposición " Sacando Viruta. Artesanía e deseño" teremos unha charla-conferencia a cargo da Xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Celebrarase con límite de aforo e con prioridade para o alumnado de Ebanistaría artística.

Elena Fabeiro é licenciada en Xeografía, historia e arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Cunha ampla experiencia profesional na  xestión cultural, especialmente no ámbito da arte e a cultura contemporánea. Comisaria e coordinadora de exposicións, foi coordinadora do departamento de publicacións do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago. Tamén foi directora xerente da Fundación María Martínez Otero e actualmente é xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés