Evento: Korn
Korn
Korn é unha banda estadounidense de nu-metal de Bakersfield, California, Estados Unidos formada en 1993. Son considerados os pioneiros do xénero nu metal? xunto con Deftones. Como outras bandas da época, foron os que inspiraron a moitas das bandas de nu metal e metal alternativo entre os anos 1990 e comezos do 2000.
O catálogo da banda consiste de dez debuts consecutivos no top ten do Billboard 200, incluíndo un álbum recompilatorio, Greatest Hits Vol.1, e o seu Korn The Path Of Totality décimo álbum de estudo, publicado o 6 de decembro de 2011. Ata a data, Korn vendeu máis de 50 millóns de álbums mundialmente, incluíndo 19,5 nos Estados Unidos, mentres que obtiveron sete nomeamentos aos premios Grammy, dous dos cales gañaron.
Unha lista de MTV MTV's Top 22 Greatest Bands sitúa á banda no posto 16 da súa lista superando a bandas como Alice in Chains e Van Halen.