Evento: Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo
Día do Museo 2025. Celebración do décimo aniversario do museo
Asistencia libre
16.30 - 17. 30 h. Alex Salgueiro [clavicordio]
Músico multiinstrumentista colaborador en múltiples proxectos musicais. Co clavicordio, instrumento precursor do piano, levaranos por atmosferas barrocas, tan presentes en moitas das obras do museo.
17.30 - 18.30 h. Eloi Pérez [gaita irlandesa]
Músico especializado na fusión da música galega con ritmos doutras culturas, evocará coas súas melodías o “Camiño Celta” que comeza en Irlanda.
18.30 - 19.30 h. Juan M. Collazo [vibráfono]
Un dos fundadores do grupo Odaiko Percussion Group cuxa traxectoria nacional e internacional o converteu nunha referencia imprescindible no ámbito da percusión creativa.
Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)
Máis eventos de tipo Concerto



