Evento: Korrontxi + Xabier Amuriza

Korrontxi + Xabier Amuriza
sábado, 29 maio, 2021 - 20:00
Sala Rebullón,
Mos

Korrontxi + Xabier Amuriza

Concerto de música tradicional.

O grupo de música tradicional Korrontzi foi fundado en 2004 por Agus Barandiarán, trikitilari da banda, desde o propósito de outorgar aos sons ancestrais da música folk vasca un aspecto contemporáneo. A súa música susténtase en instrumentos étnicos como a trikitixa (acordeón diatónico vasco), a txalaparta ou a alboka, xunto a outros máis modernos, como a mandolina, a guitarra ou o contrabaixo eléctrico.

Na súa traxectoria, a formación editou dez álbums, o último deles, Koplariak (Elkar, 2020). Despois de máis de quince anos sobre os escenarios, Korrontzi viaxou coa súa cultura, a súa lingua, danza e música singulares ao redor do mundo, e obtivo premios como os World Music Charts (2014, 2015, 2016 e 2020), e recoñecemento en forma de mencións como a de Mellor Banda Europea, en Eurofolk.

Koplariak foi gravado en pleno confinamento e contén novas composicións con letras de Xabier Amuriza, poeta improvisador en lingua vasca, escritor, investigador e músico, considerado o gran renovador do bertsolarismo, que colabora profusamente neste disco cunha das formacións máis emblemáticas da música popular vasca.

  • Korrontxi + Xabier Amuriza

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5