Evento: Andrea Pousa

Andrea Pousa
venres, 9 abril, 2021 - 20:00
Teatro Municipal de Tui,
Tui

Andrea Pousa

Concerto de fusión e lírica.

En outubro de 2016, Andrea Pousa, é a cantante encargada de interpretar o Himno de Galicia no Estadio de Balaídos (Vigo), no derbi galego Celta de Vigo Deportivo da Coruña.

En maio de 2017, preséntase O Himno por Andrea Pousa acompañada dunha Orquestra Sinfónica. Un proxecto audiovisual, ideado e producido por Queiman e Pousa, onde se mostra a Historia do Himno de Galicia, en homenaxe a todos os emigrantes e a todos os galegos que defenderon e defenden a identidade galega.

Respirar un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario RESPIRAR.

Hai un punto, ao redor de certas músicas, onde todos sentimos limitados á hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizarlas.

Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e dá forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vangarda, popular? Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida Negra Sombra de Rosalía de Castro e Xan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.

O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa a súa voz clara e firme.

Un estilo de canción que sitúa as súas propios límites no contorno do Atlántico.

Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, cunha calidade musical e artística moi sofisticada.

  • Andrea Pousa

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5