Evento: FicBueu 2021- 14º Festival Internacional de Cortometraxes de Bueu
FicBueu 2021- 14º Festival Internacional de Cortometraxes de Bueu
O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrarase do 10 ao 19 de setembro de 2021 na localidade de Bueu (Pontevedra) e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional
Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún destes idiomas ou en inglés. As películas poderán estar rodadas en calquera formato, sendo a única esixencia posuír unha copia dixital para a súa visualización e/ou proxección.
De entre todos os curtos recibidos serán seleccionadas:
Sección Internacional.
Sección Panorama.
Sección Galicia.
Sección España.
Sección Experimental.
Sección Xuvenil.
Sección Infantil.
Sección Escolas Internacionais
As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma www.shortfilmdepot.com, onde se especifican as condicións de envío. As obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas.
Máis eventos de tipo Festival
