Evento: FicBueu 2021- 14º Festival Internacional de Cortometraxes de Bueu

FicBueu 2021- 14º Festival Internacional de Cortometraxes de Bueu
venres, 10 setembro, 2021 a domingo, 19 setembro, 2021
Bueu,
Bueu

FicBueu 2021- 14º Festival Internacional de Cortometraxes de Bueu

Festival de curtametraxes.

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrarase do 10 ao 19 de setembro de 2021 na localidade de Bueu (Pontevedra) e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional

Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún destes idiomas ou en inglés. As películas poderán estar rodadas en calquera formato, sendo a única esixencia posuír unha copia dixital para a súa visualización e/ou proxección.

De entre todos os curtos recibidos serán seleccionadas:

Sección Internacional.

Sección Panorama.

Sección Galicia. 

Sección España.

Sección Experimental.

Sección Xuvenil. 

Sección Infantil.

Sección Escolas Internacionais

As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma www.shortfilmdepot.com, onde se especifican as condicións de envío. As obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos