Evento: Bravas

Bravas
venres, 26 novembro, 2021 - 19:00
Ribeira,
Ribeira

Bravas

Isabel Risco é actriz, clown e pedagoga teatral.

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, escondida e invisibilizada.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen que os alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

Isabel Risco propóñennos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade. Bravas fai un repaso histórico por nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII.

Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco póñense na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha moza que descobre o mundo nos anos 60, ... Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Al natural
25 de febreiro a 31 de decembro
Playa de Cesantes
O chineiro da tía María
20 de novembro a 3 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Espectáculo "As andainas dos Monifates e don Gaiferos"
3 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Sergio Pazos: Contaxiandonos de humor
3 de decembro
Concello de Poio