Evento: O Xouman
O Xouman
Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón, é un polifacético artista que forma parte dos Diplomáticos de Monte Alto e ten formado parte de proxectos como Bonovo, o Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek, Escupe Escapa, Os Bolechiñas, Maraya Zydeco ou Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos. Ademais, colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane. Despois do seu éxito en grupos previos, trae agora unha animacións de rúa itinerantes para todos os públicos.
Pulpiño Viascón é un polifacético artista que sempre sorprende cos seus instrumentos e postas en escena. Este xouman tanto pode aparecer tocando un serrucho, como cunha organeta ou cun acordeón. Pulpiño Viascón adapta completamente os seus espectáculos e as temáticas ás necesidades da data ou espazo.
Máis eventos de tipo Espectáculo



