Evento: Comando Comadres

Comando Comadres
xoves, 25 novembro, 2021 - 21:00
Teatro Principal,
Pontevedra
Espectáculo teatral da compañía Matrioshka Teatro

  Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.

O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.

Ademais establece unha rede de Comadres centrada na importancia dos coidados e os afectos coa que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, ás señoras silenciadas, ós saberes invisibilizados e a historia oculta do noso pasado

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Bailar agora
10 de decembro, 20:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
10 de decembro, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Othello
10 de decembro, 20:30
Teatro Rosalía - A Coruña - A Coruña
Conexión Pingüín
10 de decembro, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña