Evento: Guerra de Identidade

Guerra de Identidade
domingo, 17 xaneiro, 2021 - 18:30
Auditorio municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo a cargo da cía. DeuVe

Elenco: Deborah Vukusic

Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Deu para facer un libro e da para unha peli de acción ou mesmo unha serie con varias tempadas pero imos a modo. Empezamos polo monólogo da filla.

Entre unha Galicia feliz e unha Croacia en guerra unha filla busca o amor do seu pai, un xogador de balonmán que se fixo militar e... E non busca ese amor por nada é que a nena quere que a queiran pero quere que a queiran como quere que a queiran. E sabe que atopar ese amor faría dela a persoa máis feliz do mundo.

Nós fixemos esta peza ca intención de facer feliz ó público, esa xente cruel que goza cas desgrazas dos demais. Ollo! Con isto non dicimos que o conto acabe mal só poñemos un pouco de suspense... 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
O monstro de cores
10 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Alicia Wants To
10 de abril, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
Sinte
10 de abril, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña