Evento: Arrerrú

Arrerrú
domingo, 21 marzo, 2021 - 17:30
Auditorio Municipal Hernán Naval
, Ribadeo
Espectáculo para bebés a cargo da compañía Rilo&Penadique

Elenco artístico

Vero Rilo
Sonsoles Penadique

 

Arre Ru é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza.

Comezamos prontísimo na vida a vogalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estados de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducímonos co(a)s bebés da mau na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das fontes, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa

As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto…@s bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos adult@s, somos persoas da mau doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A Lingua das Bolboretas
22 de abril, 20:15
Edificio Multiusos
Karelu
22 de abril, 20:30
Auditorio municipal Gustavo Freire
Illas desertas
22 de abril, 20:30
Teatro Principal
Ás para Alex
23 de abril, 20:00
Casa da Cultura Ramón Martínez López