Evento: Curso Obradoiro de iniciación á commedia dell´arte

Curso Obradoiro de iniciación á commedia dell´arte
domingo, 27 decembro, 2020 - 10:00
Aparcadoiro de Salgueiriños,
Santiago de Compostela

Curso Obradoiro de iniciación á commedia dell´arte

Obradoiro de iniciación á comedia dell´arte.

O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.

Sete días de programación no tempo de Nadal, para gozar de espectáculos, charlas, mesas redondas, cursos e exposicións en diferentes espazos do concello. Este ano, ademais, poderase asistir a todas as actividades a través da Rede.

Propostas dirixidas a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra.

Todas as actividades estarán dispoñibles en vídeo na canle do festival durante catro días, para que as restricións de capacidade non impidan que calquera poida desfrutalas tamén desde a casa na nosa canle de youtube

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro para familias en Semana Santa no Museo do Viño de Galicia
Busca do tesouro do Irmán Santiago
2 de abril a 5 de abril
Museo do Viño de Galicia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense