Evento: O galo Quirico e os seus amigos

O galo Quirico e os seus amigos
sábado, 5 decembro, 2020 - 18:30
Museo Municipal Ramón María Aller,
Lalín

O galo Quirico e os seus amigos

Títeres Seisdedos dálles vida aos contos do popular galo Quirico nun espectáculo que mestura música, tradición oral e teatro de monicreques

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 presenta esta peza de teatro de títeres de rúa nun teatriño de cartón que convida o público a participar cantando e bailando.

“O Galo Quirico” é un conto da rica narración oral galega, popularizado na forma editorial por escritores como Bernardiño Graña. Ao xeito asociativo dos recitados encadeados tradicionais, o galo Quirico enfróntase a unha serie de situacións na súa viaxe á voda do burro Perico. Unha serie de números de variedades preceden e presentan a aventura do Quirico: unha cantante de cabaret ao modo de títere de variña; un traballador da vía do tren ao modo do títere de táboa; unha trapecista ao modo de títere de fíos etc..Todo acompañado de música en directo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia