Evento: Catas de Queixos e de Meles de Galicia 2020

Catas de Queixos e de Meles de Galicia 2020
xoves, 10 decembro, 2020 a luns, 14 decembro, 2020
Plató Galicia MICE- Salón de Convencións,
Santiago de Compostela

Catas de Queixos e de Meles de Galicia 2020

XXIII Catas dos Queixos e XIX Cata dos meles.

Os queixos e o mel son dúas das producións máis senlleiras do agro galego. As características específicas do noso territorio e o saber secular dos nosos produtores fan que estes produtos teñan personalidade propia e que acaden o recoñecemento dos consumidores. Para premiar a excelencia, a Consellería do Medio Rural concede anualmente as distincións que identifican aos mellores queixos e meles de Galicia. 

Este certame está organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, coa colaboración dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia (DOP San Simón da Costa, DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa e DOP Cebreiro), e o consello regulador da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

Para determinar cales son os mellores queixos e meles de cada categoría, entre os días 10 e 14 de decembro celebrarase unha precata ou cata de selección e unha cata final. Alí, un panel integrado por 27 profesionais experimentados no sector, analizará sensorialmente, e totalmente a cegas, as mostras de queixos e de mel para así poder valoralas.

Os gañadores coñeceranse posteriormente na entrega de premios correspondente á XXIII Cata dos Queixos e á XIX Cata dos Meles de Galicia.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola