Evento: Nadal no Gaiás 2020- Uxía Lambona e a Banda Molona

Nadal no Gaiás 2020- Uxía Lambona e a Banda Molona
luns, 4 xaneiro, 2021 - 18:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Nadal no Gaiás 2020- Uxía Lambona e a Banda Molona

Espectáculo da formación de música infantil que recolle os clásicos populares galegos.

Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.

Ademais, ao ser unhas festas que dan entrada ao 2021, Ano Xacobeo, o Camiño vai ter tamén presenza simbólica no relato deste Nadal, comezando pola mesma iluminación exterior do complexo do Gaiás con referencia a Vía láctea, simboloxía tan próxima as vías xacobeas, que se completa cunha árbore lumínica no cumio do Monte Gaiás, no Bosque de Galicia, visible desde diferentes puntos do centro de Compostela.

Esta formación de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, coa intención de facer partícipes a todos os nenos e nenas que asistan á actuación, ateigada  de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia