Evento: Encontro sobre Quino, con Horacio Altuna, Manel Fontdevila e Asier Mensuro

Encontro sobre Quino, con Horacio Altuna, Manel Fontdevila e Asier Mensuro
luns, 23 novembro, 2020 - 19:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Encontro sobre Quino, con Horacio Altuna, Manel Fontdevila e Asier Mensuro

Encontro en torno ao creador de Mafalda.

Encontro en directo en torno a Quino, creador de Mafalda e a figura máis universal do humor gráfico en castelán. O experto Asier Mensuro moderará este coloquio-homenaxe no que participarán os tamén historietistas HORACIO ALTUNA e MANEL FONTDEVILA, compañeiros e grandes coñecedores e admiradores deste artista universal recentemente falecido que inspirou a xeracións de lectores de todo o mundo. O encontro emitirase en directo en Afundación TV, con acceso libre e gratuíto. 

Horacio Altuna, arxentino como Quino, coincidiu co artista en multitude de ocasións, traballando ambos como historietistas en diversas revistas arxentinas; o que lle converte nunha testemuña de excepción sobre o creador de Mafalda e do mundo editorial no que xurdiu o xenial personaxe. Manel Fontdevila, tamén historietista e gran coñecedor da obra de Quino e o seu inmortal personaxe Mafalda, confésase un gran admirador do xenial debuxante, ao que rende diversas homenaxes na súa propia obra. Ambos, achegaranse en Afundación TV á figura deste xenial creador, cuxo nome estará ligado para sempre a máis soado dos seus personaxes, Mafalda, creación universal e aínda vixente hoxe a pesar de que o autor publicou a súa última historieta en 1973.

HORACIO ALTUNA publica na súa Arxentina natal en xornais e en revistas como Patoruzito, Gente ou Satiricón. En colaboración co guionista Carlos Trillo consegue grandes éxitos internacionais con álbums como El loco Chávez, Charlie Moon ou Las puertitas del Sr. López. En solitario publica títulos como Ficcionario ou Time/out. Tamén traballa para xornais como Clarín, coas tiras de El nene Montanaro e Es lo que hay; y El Pertiódico de Catalunya coa tira titulada Familia tipo. Recibiu numerosos premios ao longo da súa traxectoria, entre eles o prestixioso galardón Yellow Kid en 1986 e en 2005. En 2004 recibe o Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.

MANEL FONTDEVILA é autor desde os anos 90 na revista El Jueves, que dirixiu entre 2000 y 2004, onde realiza a popular serie La Parejita  (premio ao mellor guion no Salón do Cómic de Barcelona). Tamén realiza desde hai décadas viñetas de actualidade para Público e Eldiario.es. Entre outros álbumes, destacan Para ti que eres joven, que realiza en colaboración con Albert Monteys, Mantecatos (premio á mellor obra do año no Salón do Cómic de Barcelona de 2004), No os indignéis tanto, En el lado bueno de la valla, etc. 

ASIER MENSURO, historiador da arte e comisario de exposicións, está especializado na sétima e novena arte e é membro da Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España (ACDCómics). Escribe sobre historietas en diarios como ABC, ou en revistas como Descubrir el arte e Muy Interesante.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal