Evento: Zampón, o lambón
Zampón, o lambón
Autor: Carlos Negro
Dirección: Inacio Vilariño
ZAMPÓN, O LAMBÓN e DON VENTO: Xigantes. Manipulados e interpretados por Ignacio Vilariño.
BRAIS BUSCAMÁIS: actor e títere. interpretado e manipulado por Luis Iglesias, Vai sempre no seu Cocomóbil, gran cabezudo automatizado.
CHISPÍN DE LALÍN: actor e títere. interpretado e manipulado por Fran Lareu.
DRAGONA RAMONA: cabezuda. Interpretada por Vanessa Rivas.
POLICÍA CARCACÍA: zancuda. Interpretado por Vanessa Rivas.
Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e títeres para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Auditorio Municipal de Ourense
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios