Evento: Encontro coa escritora Eva Mejuto
Encontro coa escritora Eva Mejuto
Encontro lector con Eva Mejuto arredor da súa obra "Memoria do Silencio" que conta a apaisonante historia das irmáns Touza que conseguiron forxar unha rede en Ribadavia coa cal lograron salvaron a 500 xudeos do holocausto nazi.
Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas «22 segundos» (2017) e «Memoria do silencio» (2019), e o álbum ilustrado por Víctor Rivas «Dez gatiñas viaxeiras» (2019).
Actividade con prazas limitadas e pensada para un público adulto e xuvenil que precisa de inscripción previa no teléfono 988788385.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumplirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para el desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.