Evento: 10º Festival Kerouac

10º Festival Kerouac
mércores, 21 outubro, 2020 a domingo, 25 outubro, 2020
Evento online e Poemóbil polas rúas de Vigo
, Vigo

10º Festival Kerouac

Evento internacional de poesía e performance

O Festival Kerouac de poesía de Vigo cumpre dez anos despois do seu nacemento. Está organizado polos galegos Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do Instituto Cervantes de Nova York e do Bowery Poetry Club entre outras entidades.

A situación derivada da covid-19 leva consigo a reformulación deste festival, que intensifica as súas actividades a través da web e nas redes sociais. A programación inclúe unha mesa redonda de editoriais de España e América, o xoves, 22; un recital con poetas de todo o mundo vía a plataforma Zoom, o venres, 23, e unha mostra de performance de poemas e cantigas, da man de Montenegro Fisher, Lola Nieto e a galega Iria Medraño (sábado, 25). A clausura do festival correrá a cargo do DJ e melómano vigués Mateo Fixemberg, que animará unha sesión de música en streaming e en directo (domingo, 26).

O festival disporá, tamén este ano, do vehículo Poemóbil, que circulará polas rúas de Vigo dende o mércores 21 ata o sábado 24 de outubro, aínda que as declamacións dos poetas en vivo substituiranse por poemas sonoros consagrados á cidade olívica.

Unha década
Vinte e un anos desde o pasamento do poeta e escritor Jack Kerouac, a cidade de Vigo acolle o décimo aniversario deste encontro de autor, que nos últimos cinco anos tense estendido a Nova York e tamén a Cidade de México, servindo como ponte de unión no Atlántico para proxectos artísticos e culturais de vangarda literaria. Nas súas dez edicións, ten acollido as achegas poético-literarias de figuras emerxentes do panorama nacional e internacional das letras, tales como: Sheila Blanco, Wöyza, Francisco Castro ou Lupita Hard.

Máis eventos de tipo Festival

IV FFoco, Festival de Fotografía
6 de novembro a 8 de decembro
Fundación Luís Seoane
Fanzine Fest 2020: Oscar Mulero
4 de decembro
Teatro Colón
Galicia Metalhead Festival
4 de decembro
Sala Malatesta
Galicia Metalhead Festival
5 de decembro
Sala MalaTesta