Evento: Garcia MC

Garcia MC
sábado, 8 agosto, 2020 - 22:00
Sala Rebullón,
Mos

Garcia MC

Concerto de hip- hop.

García Mc iníciase rapeando letras propias con 13 anos. Aínda na adolescencia empeza a formar parte do proxecto musical rapero Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao final desta aventura. É ademais un dos fundadores do afamado Colectivo Hip Hop Deus Ke Che Crew en 2003, co que realizan amplas xiras por Galicia, toda España ou Cuba. Publican diversos traballos discográficos, o último deles con Boa dado o impacto do seu primeiro disco ?Xénese?. Desde o ano 2006 ata o 2016 participa activamente tanto en Deus Ke Che Crew como no proxecto Labregos do Tempo dous Sputniks así como na súa iniciativa en solitario.

Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos do panorama musical galego contemporáneo. Puxo música a poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapera e formou parte da Banda Fura-Fura (Homenaxe a José Afonso). En 2012 edita ABAIXO E DE PÉ (Vir.) realizando unha ampla xira de presentación tamén en México. Levou o seu Rap en galego a lugares como Dinamarca, Guinea-Bissau ou Portugal. Entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas. En decembro de 2013 lanza ABAIXO E DE REMIX remesturas de Abaixo e de pé a cargo dos produtores musicais máis destacados de Galicia. A comezos de 2016 sae á rúa ?Libremente? traballo discográfico que dá peche a unha década de traxectoria de Labregos do Tempo dous Sputniks. É un referente do Rap en Galicia o que o leva a estar a traballar nunha nova iniciativa que comeza no Womex 2016 en Santiago de Compostela, impulsando definitivamente a súa destacada carreira musical internacionalmente.

Atópase editando singles e videoclips e poñendo en marcha o Quilombo Tour no que estará acompañado dunha banda, a Nación Quilombo. Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural ademais de ser educador independente impartindo Talleres e Conferencias de Cultura Hip Hop desde fai máis dunha década. El é García Mc.

  • García Mc & Nación Quilombo - É a Partida VIDEOCLIP

Máis eventos de tipo Concerto

Ciclo Voices 2024- Mahmood
12 de maio
Pazo da Cultura de Pontevedra
Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3