Evento: Descobre Galicia a través dun maridaxe de queixos cos mellores viños

Descobre Galicia a través dun maridaxe de queixos cos mellores viños
sábado, 17 outubro, 2020 - 12:00
Pazo de Toubes,
Cenlle

Descobre Galicia a través dun maridaxe de queixos cos mellores viños

Maridaxe especial para os amantes do viño.

Temos boas noticias para os amantes do queixo! Preparamos algo moi especial para todos vós.

Os próximos días 17 e 18 de outubro no Pazo de Toubes descobre Galicia a través dunha maridaxe de queixos cos mellores viños. Coñece a historia do pazo, da viticultura máis tradicional do Ribeiro, das súas variedades e das súas propiedades. Déixache envolver pola maxia dun pazo do século XVIII e por cada un dos queixos especiais chegados de diferentes recunchos de Galicia. Sorprenderasche coa combinación de cada un deles coa selección de viños que desde a adega preparamos, listos para espertar sensacións, sabores e aromas dunha forma moi especial.

A selección consta de:

Un aperitivo composto por espumoso de treixadura Lúa de Costeira Brut e queixo Galmesano, elaboración tradicional de pasta presada e cocida de longa maduración da zona de Arzúa.

Daremos paso aos viños comezando polo godello Tamborá da D.O Ribeiro, que maridaremos co queixo Xiros de Bisqato, elaborado nun taller lácteo artesanal dunha aldea de Labrada, Xiros en Guitiriz.

Continuaremos cun tinto da D.Ou. Valdeorras, Modus Vivendi Mencía que gozaremos cun queixo Arzúa Ulloa do Pazo de Anzuxao, dunha fábrica tradicional de queixos na rexión do Deza.

O broche de ouro desta maridaxe realizarémolo co noso produto máis especial, Tostado de Costeira, un viño naturalmente doce da D.O Ribeiro, xunto ao queixo azul Savel de Airas de Moniz, unha quesería de pastoreo de Chantada.

Goza connosco dunha mañá diferente, probando e descubrindo novos sabores.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O máis natural
3 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense