Evento: Kings of the beach + Karma Animal
Kings of the beach + Karma Animal
KARMA ANIMAL é un trío vigués de Rock Alternativo formado a principios do 2019 por Brais Quevedo (guitarra -voz), David Rodriguez (Batería -voz) e Lois Sío (voz principal -baixo). A banda conta con un repertorio de temas propios en inglés e castelán, que xa puideron estrear en algunhas das míticas salas galegas, como a Sala Capitol (Santiago de Compostela), A fábrica de chocolate (Vigo) ou A Iguana Club (Vigo). A principios de 2020 a banda atópase publicando os seus primeiros temas, mentres se preparan para novos concertos polo norte da península. O son de Karma Animal caracterízase por ter unha base rítmica potente, con guitarras moi dinámicas e enérxicas, combinado con líneasde voz melódicas e coros moi vivos.
KINGS OF THE BEACH nace en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez (guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios de 2015 publican a súa primeira maqueta, “ Badass”, pegando forte en a sempre prolífica escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, “Bat Pussy”, obtendo repercusión nacional e internacional e causando moi boa impresión en medios como Rne3 ou Mondo sonoro, entre outros. O son de KINGS OF THE BEACH pode definirse como salvaxe, de praia e rápido, como un sopapo na cara.



