Evento: Tres Pesos: De cando os animais cantaban

Tres Pesos: De cando os animais cantaban
venres, 13 maio, 2022 - 18:30
Nave de Vidán,
Santiago de Compostela

Tres Pesos: De cando os animais cantaban

Concerto do grupo galego.

Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coa nosa música, coa nosa tradición. 

A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.

O proxecto nace ó longo do ano 2013 e sae a escea por primeira vez nas festas de San Pedro do ano 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo “Acta Fundacional” foi grabado nos estudios da Radio Galega Entre os meses de Xullo e Outubro do ano 2014 e concentra en 9 temas a esencia do que son os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoxe.

  • Perdín a miña monteira

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Repunantas
25 de abril
Fundación Camilo José Cela