Evento: Iria Estévez: Camiños do fado

Iria Estévez: Camiños do fado
domingo, 2 outubro, 2022 - 17:30
Local Social de Andeiro,
Cambre

Iria Estévez: Camiños do fado

Concerto da cantante galega.

Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido. De formación vocal principalmente autodidacta, posúe estudos de Master en Artes Escénicas e Maxisterio e formouse en danza (especializándose en Danzas orientais) cos mellores mestres, desde temperá idade.

No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).

O estilo persoal e a voz versátil de Iria, chamaron a atención de público e profesionais da música, polo que conseguiu abrirse un oco rapidamente no panorama musical de Galicia.

O proxecto foi presentado en radio e Tv, no norte da península e Portugal, chegando a participar no Festival Internacional Interfado, de Cataluña xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos, Gonzo e Marco Mendoza..

No ano 2016 deseña e desenvolve o seguinte gran proxecto: ARIFI. O grupo (formado nun principio por Vadim Yucknievic, Gonzo, Toni e Marco Mendoza), alcanza o éxito rapidamente, chegando a ser os gañadores do certame internacional "BURGOS, RAÍZ E EVOLUCIÓN" no ano 2017. 

Iria ao longo destes anos levou a súa voz a escenarios de toda a xeografía peninsular (Auditorio Espaço Vita, Teatre Xirona, Centro Niemeyer Asturias, Barakaldo Antxokia, Teatro Jofre, Sala Clavicembalo, Teatro A Estación Zaragoza, Casa Maty Conca, Tabanco Jerez de la Frontera, Auditorio de Braga, Festival Castro Galaico Braga, Festival de fado Converxente, e un longo etc) E cantou con artistas como Uxía Senlle ou Sebastiao Antúnes, Alejandro Vargas, Marcos Teira, sergio Tannus, Noelia Álvarez, Ramil, as fadistas Liliana Macedo e Adriana Moreira, Artura caldeira e  A banda dá Loba (entre otr@s grandes artistas)

Actualmente está a presentar o seu directo Atlántica, no que fai un percorrido polas músicas Atlánticas, ao encontro da inclusión e unión entre as diferentes músicas que se bañan nestas costas e que tantos xéneros e estilos guiaron ou inspiraron.

  • Oro Santo cover Iria Estévez/Luis Monsalve

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
Ecoralia a lambona ecolóxica
27 de xullo
Adro de Santa María do Azougue