Evento: Rilo & Penadique

Rilo & Penadique
xoves, 17 setembro, 2020 - 19:00
Exterior do Castelo de Soutomaior,
Pontevedra

Rilo & Penadique

3, 2, 1... Re-acción! Tras o confinamento, chega o movemento!

Rilo & Penadique narran, cantan e musican historias, contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos desde algún lugar do ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para nenas e nenos e familias. En O pozo das señoras, Rilo & Penadique falarannos de historias sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións, contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero Rilo e a sutileza musical de Sonsoles.

Nuns castelos de película a Deputación de Pontevedra reactiva a programación cultural, achegando manifestacións artísticas que levarán a todos os públicos a sentir estes espazos cheos de maxia e memoria... desde todos os sentidos!

Había unha vez un castelo que sobresaía nas terras de Soutomaior, na provincia de Pontevedra, metade pazo e metade fortaleza, que sobreviviu varios séculos habitado por personaxes que ocuparon e aínda ocupan emocionantes historias nos libros e que nas súas dependencias e xardíns agocha milleiros de pedras e árbores que servirán de escenario para unha tempada de visitas culturais. E empolicado no alto da pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal outro castelo medieval asoma entre o verde os seus robustos muros. Bechos e animais que emerxen dos espazos destes castelos, bailarinas que danzan polos xardíns, música que agroma da pedra vivida e intrahistorias poéticas que brotan entre as árbores senlleiras... Un escenario máxico para vivir experiencias artísticas e culturais inesquecibles nun verán e outono históricos!

Este ciclo recolle artes escénicas e música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica para todos os públicos, centrando parte da programación nas e nos nenos: unha nova forma de vivir estes espazos máxicos este verán, a través da experiencia artística.

  • A FORMIGA NO CARREIRO

Máis eventos de tipo Espectáculo

Coa pandeireta na man
18 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés