Evento: 8º ciclo ‘Danza 3 Xacobeo 2021’

  • 8º Ciclo 'Danza 3 Xacobeo 2021'
8º ciclo ‘Danza 3 Xacobeo 2021’
venres, 18 setembro, 2020 - 20:00
Praza da Veracruz
, O Carballiño

8º ciclo ‘Danza 3 Xacobeo 2021’

A Consellería de Cultura e Turismo e o colectivo XOC, integrado polas formacións O Fiadeiro (Vigo)Cantigas e Agarimos (Santiago) e Xacarandaina (A Coruña), promoven por oitavo ano consecutivo esta iniciativa de difusión da música e o baile tradicionais de Galicia, que na edición de 2020 ofrecerá 12 funcións noutros tantos concellos ata o mes de novembro. Na meirande parte dos casos, celebraranse ao aire libre para exhibir a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio.

Os integrantes de O Fiadeiro foron os encargados de abrir o calendario de actuacións o domingo 9 en Mondariz, poñendo rumbo a Soutomaior o domingo 16 para ofrecer, a continuación, outras dúas representacións de danza tradicional o 25 de agosto en Sanxenxo (20,00 h. na praza dos Barcos) e o 13 de setembro en Ribadavia (20,00 h. no Auditorio Rubén García do Castelo).

Pola súa banda, Cantigas e Agarimos estará co seu grupo de música tradicional o 22 de agosto en Val do Dubra (20,00 h. na Área Recreativa de Bembibre) e coa formación de baile o 23 de agosto no Grove (21,00 h. na praza do Corgo), o 18 de setembro no Carballiño (20,00 h. na praza da Veracruz), o 6 de novembro en Sigüeiro (19h) e o 13 en Padrón (20,00 h. no Auditorio Municipal).

En canto a Xacarandaina, viaxará ata Muros para protagonizar o 22 de agosto, ás 21,30 h., unha actuación musical na praza do Mercado. Ademais, levará a súa danza tradicional a Oleiros o 20 de setembro (12,30 h. no paseo marítimo de Santa Cristina), Arteixo o 17 de outubro (12,00 h. no Paseo Fluvial) e Malpica o 25 de outubro (20,00 h. na praza Anselmo Villar Amigo).

 

 

 

Máis eventos do ciclo Danza3

Cantigas e Agarimos
8 de agosto, 20:00
Praza Veracruz
O Fiadeiro
8 de agosto, 20:30
Explanada da Seca
Cantigas e Agarimos
15 de agosto, 20:00
Praza Fefiñáns
Cantigas e Agarimos
21 de agosto, 22:00
Colexio O Coto