Evento: 24 instrumentos populares galegos

24 instrumentos populares galegos
venres, 19 agosto, 2022 - 20:30
Campo da Festa de Porta de Conde,
Portas

24 instrumentos populares galegos

Concerto de folk

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero presentan unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.

A longa traxectoria destes músicos arredor do folclore, como fundadores ou colaboradores de destacados grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Aliboria, e a súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permítelles ofrecer unha selección de músicas nun ameno concerto, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego a dúo, combinando con mestría 12 instrumentos melódicos e 12 instrumentos de percusión, adobiadas con explicacións sobre a súa construción, xeito de se tocar, historia e outras curiosidades.

Entre os instrumentos que poderemos descubrir durante o concerto están distintos tipos de gaitas, a zanfona, dous tipos de acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubíos, así como unha grande variedade de percusións, como o bombo, o tambor, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou charrasco.

Ademais, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións