Evento: Píscore- Concerto con Fusión

Píscore- Concerto con Fusión
mércores, 12 agosto, 2020 - 19:30
Alameda
, Pontevedra

Píscore- Concerto con Fusión

Espectáculo de música, teatro, humor e participación do público.

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

 Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

*Entregaráselles o Premio do Público do Festiclown 2019.

  • Concerto Con Fusión, Píscore TEASER 1 min
Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

-abono-teatro-tp-ourense-segundo-semestre-2020.jpg
Abono Teatro TP Ourense Segundo Semestre 2020
1 de setembro a 31 de decembro
​Teatro Principal de Ourense
Nube nube sol
1 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Contos de medo que deixan durmir
2 de outubro
Biblioteca Pública Municipal da Silva
Laura LaMontagne & PicoAmperio
2 de outubro
Museo do Mar de Galicia