Evento: Isius + Santi Araujo

Isius + Santi Araujo
sábado, 5 setembro, 2020 - 23:30
La Iguana Club,
Vigo

Isius + Santi Araujo

Concerto de música pop.

Santi Araujo

As rúas parecen ser labirintos que coñezo ben, que me levan á catedral, canta Santi Araújo en «Catedral», a canción que dá título ao seu primeiro disco en solitario. E é que podes escapar de moitas cousas, irche, volver e volver irche; pero nunca poderás escapar, por laberíntico que sexa, do teu propio destino. O de Santi Araújo é escribir cancións. Ou, polo menos, manifestarse a través delas. Desempañar o seu propio espello para verse, aínda que máis maior e con máis pelo na cara, dunha maneira máis nítida, preclara, consciente e serena.

Tras o final da Familia, o seu anterior proxecto musical, co que publicou o seu único disco a través de Ernie Producións fai xa sete anos («Isto é normal», un manual de pop alternativo de autor cunhas marcas absolutamente reconocibles); e unha tempada vivindo en México, lonxe da súa Ponteareas natal; Santi Araújo iniciou un triplo retorno, por esta orde: a compoñer cancións, a Galicia e a Ernie.

E é que, tras cinco anos sen compoñer cancións, o pontevedrés atopouse manifestándose unha vez máis a través da música: en menos de dous meses atopouse con máis de corenta cancións que naceron a barullo, como unha sorte de manifestación inconscientemente consciente, na que Araújo, nun momento de illamento e profunda reflexión, sorpréndese a si mesmo reflectindo o punto vital no que se atopa, e a través das cales se aforrou uns cuantos euros en terapeutas.

O resultado plásmase en «Catedral», un regreso discográfico baixo o seu propio alias, sen maiores escudos que o do seu propio nome e as súas reflexións, e que serven como escapulario para volver a elas sempre que as necesite, pero que agora tamén forman parte de quen as queira escoitar.

Un cancioneiro repleto de matices e unha honestidade brutal nas que nos sitúa nun particular espazo: unha ?catedral? na que o galego mira ao futuro con mellores ollos que ao pasado (Vencejos), canta ao elixir da paixón expandida (Estalido), sobre as idas e voltas do destino (Planeta Terra), sobre quererse máis a un mesmo (?Eu son?) ou coñecer os seus propios labirintos para construír o seu propio espazo (Catedral).

  • SANTI ARAÚJO. Catedral

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións